O APARATO DIXESTIVO

É o encargado de realizar a dixestión.
Na dixestión transformamos os alimentos que tomamos , en substancias diminutas que van polo noso sangue e recorrren o noso corpo.
A dixestión comeza na BOCA onde utilizamos os dentes, as moas, a lingua e a saliva.
Despois pasa por un tubo moi estreito que se chama ESÓFAGO (é moi importante mastigar ben a comida na boca senon podemos atragantar).
Do ESÓFAGO para o ESTÓMAGO que é órgano máis importante da dixestión. Alí séguese triturando e cando chega o INTESTINO DELGADO pasa ao sangue porque a comida está como diluída na auga (como se botásemos azucre na auga). Todo o que non serve ou sobra vai para outro lado do intestino que se chama INTESTINO GROSO e dende alí expúlsase ao exterior polo ANO. Tamén é moi importante na dixestión un órgano que se chama FÍGADO.
Busca e amplia esta información…
Esta entrada foi publicada en 2º E.S.O., 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to O APARATO DIXESTIVO

  1. paula3a di:

    Gústame moito este debuxo porque está moi ben explicado.

Deixa unha resposta