Enfermidades de transmisión sexual

As enfermidades de transmisión sexual (ETS) e as infeccións de transmisión sexual (ITS) en xeral contráense por contacto sexual. Os organismos que causan as enfermidades de transmisión sexual poden pasar dunha persoa a outra polo sangue, o seme, o fluído vaxinal ou outros fluídos corporais.

Ás veces, estas infeccións transmítense por vías que non son sexuais; por exemplo, de nai a fillo durante o embarazo ou o parto, por transfusións de sangue ou agullas compartidas.

Os signos e síntomas poden aparecer aos poucos días despois de estar exposto, ou poden pasar anos ata que se presenten os problemas; depende de cada organismo.

As infeccións de transmisión sexual poden provocarse por:

  • Bacterias, incluida a clamidia, sa gonorrea e a sífilis.
  • Parásitos, como a tricomoniasis.
  • Virus, incluido o VIH/SIDA, o virus do herpes simple, o virus do papiloma humano, o virus da hepatite B e o citomegalovirus (CMV).

Resultado de imagen de enfermedades de transmision sexual esquema

Esta entrada foi publicada en 3º Bio, fpb e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta