Picea Abies

É unha gran conífera de folla perenne que acada unha altura de entre 30–50 m e un diámetro de toro de 1 a 1,5 m. A característica desta picea é a súa copa piramidal, moi regular. Pode acadar os 70 m de altura. O falso abeto máis alto mide, 63 m, atópase nas fragas de Perućica, no Parque Nacional Sutjeska, en Bosnia e Hercegovina.

As pólas medran horizontalmente, agás na zona alta, na que se dispoñen de xeito ascendente. De toro recto e casca pardo avermellada, que se escama lixeiramente coa idade. Presenta follas aciculares de entre 1 a 2,5 cm de lonxitude, rexas e agudas, dispostas en verticilose de cor verde escura brillante, presentan unha sección transversal cuadrangular. As pólas novas que agroman na primavera son amarelo verdosas.

Os conos (piñas), o mesmo que no resto das especies de piceas, penduran e teñen forma ovoide, duns 10–18 cm de longo, sendo os máis longos das piceas; as piñas son verdes ou avermelladas e ao maduraren , 5-7 meses trala polinización, pasan a ser de cor marrón parda ou purpúrea. Presentan escamas triangulares. As sementes son negras de 4–5 mm de longo cunha á marrón clara de 15 mm.Resultado de imagen de picea abiesResultado de imagen de picea abies

Esta entrada foi publicada en 1º ESO, C.aplicadas e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta