Picea abies

Nome científico: Picea Abies

Nome en Español: Abeto Rojo

Nome  en galego: Abeto vermello

O abeto vermello, abeto rubio ou abeto do norte[1][2] (tamén picea común, picea europea ou picea norueguesa) Picea abies, é unha conífera da familia das pináceas que non pertence realmente ao xénero Abies, os abetos verdadeiros, de aí o seu nome común. Orixinaria de toda Europa, dende os países nórdicos até os Balcáns, adoita formar bosques en altitudes superiores aos 800 msnm, convivindo frecuentemente co lárice común. En Galicia só aparece coma especie ornamental, frecuentemente coma árbore de Nadal.

Resultado de imagen de Picea Abies foto de un tronco en xeral

A Codia:De toro recto e casca pardo avermellada, que se escama lixeiramente coa idade.

Altura da arbore: 40-60 metros de altura A característica desta picea é a súa copa piramidal, moi regular. Pode acadar os 70 m de altura. O falso abeto máis alto mide, 63 m, atópase nas fragas de Perućica, no Parque Nacional Sutjeska, en Bosnia e Herzegovina.

Grosor: ata 2 metros.

As follas: É unha gran conífera de folla perenne que acada unha altura de entre 30–50 m e un diámetro de toro de 1 a 1,5 m.

As pólas medran horizontalmente, agás na zona alta, na que se dispoñen de xeito ascendente.  Presenta follas aciculares de entre 1 a 2,5 cm de lonxitude, rexas e agudas, dispostas en verticilos e de cor verde escura brillante, presentan unha sección transversal cuadrangular. As pólas novas que agroman na primavera son amarelo verdosas.

Resultado de imagen de picea abies

Flor-froito: Os conos (piñas), o mesmo que no resto das especies de piceas, penduran e teñen forma ovoide, duns 10–18 cm de longo, sendo os máis longos das piceas; as piñas son verdes ou avermelladas e ao maduraren , 5-7 meses trala polinización, pasan a ser de cor marrón parda ou purpúrea. Presentan escamas triangulares. As sementes son negras de 4–5 mm de longo cunha á marrón clara de 15 mm.

Abeto vermello

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta