Agave americana

O Agave americana é orixinaria de México e o Sur dos Estados Unidos. Perntence o Reino Plantae, a Clase Liliopsida, a Orde Asparagales, a Familia Asparagaceae, o Xénero Agave e a Especie Agave americana. É unha planta perenne propia de terreos áridos. Posúe follas suculentas grandes de cor branco azulado, branco grisáceo e verde e posúen espiñas nos bordos.

Usos: Utilizouse de múltiples formas e usos desde planta medicinal ou para facer papel, obtención de fibras, tecidos e licores entre outros.

Enfermidades: Esta variedade podería ser atacada por pragas de áfidos. Falando de enfermidades pode verse afectada por fungos.

Curiosidades: Un aspecto interesante é que soporta ben a seca. Só pode situarse nun lugar con exposición directa ao sol. Florece unha soa vez na súa vida morre tras esta floración, aínda que non sen deixar unha copiosa descendencia. O seu uso máis coñecido é a produción dun licor destilado chamado mezcal, do que existen numerosas variedades, entre as que se atopa o tequila. O agave cultívase aínda pola fibra téxtil das súas follas, chamada pita, para producir corda, redes e outros obxectos.

[https://youtu.be/RB1EBy_iL8U]

Foto de Agave americana:

Resultado de imagen de agave americana
Luz Fernández González. 1ºESO A
Esta entrada foi publicada en 1º ESO, C.aplicadas, XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta