AGAVE AMERICANA

AGAVE AMERICANA,O agave amarelo ou pita, é unha planta perenne orixinaria de México e o sur de Estados Unidos.

Reino: Plantae

División: Magnoliophyta

Clase:Liliopsida

Subclase: Liliidae

Orde: Asparagales

Familia: Asparagaceae

Subfamilia: Agavoideae

Xénero: Agave

Especie: A. americana L.

É unha planta perenne acaule resistente a terreos áridos. As follas dispóñense en espiral ao redor do centro onde permanecen enroladas a un curto talo central. Posúen espiñas ao longo dos bordos. Florece unha soa vez cara ao final do seu ciclo vexetativo, fenómeno coñecido como monocarpismo. É unha planta orixinaria do centro e leste de México que foi introducida en Europa,  primeiro como planta ornamental e despois como planta téxtil. Compórtase como invasora e pode colonizar moitos hábitats diferentes como cantís, bosques do litoral ou do interior, campos de cultivo e zonas alteradas. Trátase dunha planta termófila que na rexión mediterránea habita en lugares pedregosos asollados, ramblas e areais, polo xeral próximos ao mar e máis raramente no interior. Tamén é habitual ao longo dos camiños e nos linderos das parcelas. En xeral, prefire chans drenados e asollados, sempre próximos á costa. A agave americana  é moi esixente, só pode situarse nun lugar con exposición directa ao sol.

Resultado de imagen de agave americana

♥Esperamos que vos guste! Celia e Natalia.♥

Comenta as ideas do vídeo.

Esta entrada foi publicada en C.aplicadas, XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta