Exemplos proxectos 3º ESO

Proxectos de investigación. Nesta entrada incluiremos os guións para a realización de distintos proxectos de investigación acordes cos temas traballados neste curso, tanto de Bioloxía humana como de Xeoloxía. En cada caso atoparedes as orientacións e o material que consideremos interesante para facilitar a tarefa, así como para extraer as mellores conclusións do noso traballo.

1.-Proxecto de investigación. Análise da dieta.
Para facilitar os teus cálculos respecto a  enerxía contida na túa dieta podes facer ligazón a varias páxinas da internet que localizarás simplemente buscando a través de Google “taboa de Calorías por grupos de alimentos“. Aquí enlázoche unha que é bastante completa. Completamos coa función dalgún alimento sobre algún aparato ou sistema. Podedes realizar unha exposición con todo o traballado.

2.-Proxecto de investigación. Órganos dos sentidos.
Nesta ocasión imos estudar os órganos dos sentidos, verdadeiras xanelas do noso cerebro ao exterior. Segue o guión para que o resultado da túa investigación sexa máis completo e ordenado, e despois realiza as actividades que servirán para que avalíes o que aprendiches. Completamos coa alimentación necesaria para boa saúde órganos sentidos. Realizar un trivial con preguntas relacionadas  coa alimentación precisa para a saúde dos órganos dos sentidos. Presentación en Drive sobre como afectan os videoxogos a nosa saúde.

3.-Proxecto de investigación. A saúde humana.
Relacionado cos temas dedicados a bioloxía humana propóñovos un traballo en equipo centrado nas enfermidades máis típicas de cada un dos aparellos e sistemas estudados. Repartiremos as temáticas e despois expoñeremos en clase as ideas fundamentais de cada unha das investigacións realizada. Completamos coa alimentación para a saúde.

  4.- Campaña Almorzos saudables:  Preparar unha actividade que remate naelaboración dun vídeo e a preparación dun almorzo saudable no IES. Podes inspirarte en diferentes vídeos e materiais. Incluimos o beneficio para os sistemas/aparatos deste alimentos.

5 .- Exposición saúde: Facer unha exposición nos corredores do IES onde se expoñan paneis e experiencias que expliquen a saúde relacionada coa  sexualidade, coa alimentación,  co alcol, co cancro, as doazóns. Traballar  o tema de saúde e igualdade.

6.-  Laboratorio:  Preparar experiencias de laboratorio relacionada cos temas de aula.

7.- Respiración e concentración. Realizar expereincias que axuden a relaxarse e concentrarse.

8.- Entendendo a sexualidade. Realizar actividades que nos axuden a entender o noso corpo.Ver que sentidos están relacionados coa sexualidade e que alimentación precisamos para a nosa sexualidade.

9.- Aparello locomotor. Elaboración de animacións de ordenador que expliquen o funcionamento. Acompañando dun vídeo que explique  oa alimentos necesarios para o aparello  locomotor. Concurso sobre películas relacionadas co deporte  onde se traballe os aparellos precisos para o deporte. Facer exemplos de exercicios.

 

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 3º Bio, 3º BioA, 3ºBioB e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta