Saúde e alimentación

Resultado de imagen de sistema respiratorio 

Sistema respiratorio: Ao respirar renovamos aire dos pulmóns, ainda que o aire contén particulas e microorganismos nocivos  que son perigosos para o sistema respiratorio. A tose e os esbirros acompañan os problemas respiratorios xa que son defensas do organismo, pero tamén unha vía de transmisión das infeccións.

Respirar malos fumes: A maioria de enfermidades do sistema respiratorio son causados polo consumo do tabaco .

A bronquite crónica. As substancias iriitantes do fume do tabaco causan a secreción de abundante mucosidade que obstrúe as vías respiratorias.

O cancro do pulmón. O tabaco provoca a maioria dos casos de cancro de pulmón , contribúe á aparición doutros como a larinxe, boca, esófago e vexiga.

O fume tamén dana os non fumadores que o inhalan :os fumadores pasivos.

Microorganismos no aire: Algúns microorganismos provocan infeccións.

– As infeccións das vias respiratorias superior son a causa de enfermidades leves como os arrefriados, ou máis graves, como a gripe.

-As infeccións das vias respiratorias inferiores, se se instalan nos propios conductos,provocan bronquite ; e se o fan no tecido pulmonar, pneumonía.

POR LUIS3BIO E RAMON3BIO.

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.