Saúde 0

  • O sistema respiratorio: A función básica do aparello respiratorio é a respiración. Consiste en levar o osíxeno do aire ao sangue e eliminar o anhídrido carbónico (CO2) ao aire. Este intercambio de gases prodúcese no interior dos pulmóns. O aire entra polo nariz e/ou a boca e é conducido a través das vías respiratorias ata os alvéolos, onde se produce o intercambio de gases. Así, o osíxeno pasa ao sangue e é transportado a todas as células.
  • Respirar malos fumes: A maioría de enfermidades graves do sistema respiratorio son causadas por fumar. O tabaco pode producir moitas enfermidades, entre elas: a bronquite crónica e o cancro de pulmón. O fume tamén dana os non fumadores que o inhalan e son os fumadores pasivos.
  • Microorganismos no aire: Algúns microorganismos entran no sistema respiratorio e poden causar infeccións, como as seguintes: infeccións das vías respiratorias superiores (como a gripe) e infeccións respiratorias inferiores (como a bronquite e a pneumonía).

Resultado de imagen de pulmones

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.