Protección sexual.
Hai diferentes formas de evitar un embarazo non desexado. Estas ferrmentas divídense principalmente en tratamentos hormonais ou medidas non hormonais.
O método non hormonal máis usado e o máis recomendado pola súa sinxela colocacción e pola súa prevención de enfermidades de trasnmisión sexuais é o preservativo: masculino e femenino, aínda que o máis usado é o masculino xa que no require a manipulación dos xenitais. Outra opción non hormonal é o DIU,que é un pequeno aparato, normalmente de cobre, que se coloca no útero das mulleres impedindo así que o esperma fecunde.
Nos métodos hormonais (que teñen o inconvinte dos efectos secundarios), destaca a píldora anticonceptiva, que é unha pastilla a cal ten que ir con receita e se toma durante vinteun días e ten unha semana de descanso. Tamén están os parches, que se colocan na pel (de calquera parte do corpo) e teñen a mesma función cas píldoras. En último recurso pódese recurrir á píldora do día seguinte, en un caso de emerxencia, xa que teñen fortes efectos secundarios.
Tamén hai métodos anticonceptivos permanentes como a vasectomía no caso dos homes e a ligadura de trompas no caso das mulleres.
-Información. charla de sexualidade- -Virginia e Alejandra-