A CÉLULA

Que é unha célula? A célula é a unidade biolóxica, funcional e estrutural básica de calquera ser vivente e á vez, a célula é o organismo máis pequeno de todos, capaz de realizar as funcións de nutrición, relación e reprodución. Todo ser vivo está formado por células. Absolutamente todos os organismos, os tecidos que os compoñen e os órganos internos que os forman. A pel, o cabelo, os ollos, os pulmóns, o fígado e todos os demais.

Un ser vivo está constituído por unha, millóns ou billóns de células repartidas ata na última físgoa da súa estrutura. Evidentemente, non todas as células son iguais, debido a que moitas están especializadas nalgunha función e atópanse agrupadas en zonas particulares. Independentemente se son parte dun organismo multicelular ou non, cada célula individual é unha marabilla pois pode tomar nutrientes e convertelos en enerxía, ter funcións especializadas e reproducirse.

 Resultado de imagen de partes da celula 1eso

 

 

 

 

 

As partes da Célula son:

Citoplasma

Membrana célular

Orgánulos

O máis importante: O núcleo

Ribosomas

De Antonio e Pablo 🙂 1eso ♣♥

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.