Sexualidade

O pasado día 23 de outubro, os alumnos de 3º ESO asistimos a unha charla sobre sexualidade. A encargada da charla traballaba no centro de drogodependencia e outras conductas aditivas. Ao principio nomeou e anotou no encerado unha gran cantidade de métodos anticonceptivos e métodos preventivos, e despois explicou a diferenza entre estos dous tipos.

Falou tamén da importancia do seu uso e das vantaxes e inconvenientes de cada un destes métodos. Comenzando polos que tiñan efectos secundarios, como por exemplo as píldoras ou os aneis. Comentou tamén outros métodos como a vasectomia e a unión das trompas de Falopio, que son métodos anticonceptivos permanentes.

Explicou que o que ten máis vantaxes é o preservativo, e aínda que existe un peservativo feminino, o máis fácil de atopar e de utilizar é o condón. Ademáis, os preservativos son os únicos métodos que son tanto anticonceptivos como preventivos.

Resultado de imagen de metodos anticonceptivos

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.