Sexualidade

Hoxe, os alumnos de terceiro da ESO do IES Fermín Bouza Brey tivemos unha charla na nosa aula sobre a sexualidade. Unha muller que traballaba no centro situado en Vilagarcía da prevención de drogodependencias e outras condutas aditivas, explicounos os métodos anticonceptivos, preventivos e como evitar as enfermidades de transmisión sexual.

Comezou a charla preguntándonos que tipos de métodos anticonceptivos coñecíamos, e despois foi explicando un a un para que entendéramos como afectaba ao noso organismo (como no caso das píldoras que tiñan efectos secundarios, os aneis…) como era o seu uso (xa que explicounos o uso do preservativo masculino por exemplo) etc.

Tamén explicounos que había métodos anticonceptivos permanentes, como a basectomía (no caso dos homes) ou aunión das trompas de Falopio (no caso das mulleres).

E rematou a charla resumindo todo o que falamos nesa hora.

Resultado de imagen de métodos anticonceptivos

 

Esta entrada foi publicada en 3º Bio, XERAL e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.