Célula

A célula é a unidade anatómica fundamental de todos os organismos vivos, xeralmente microscópica, formada por citoplasma, un ou máis núcleos e unha membrana que a rodea.

Estas unidades morfolóxicas divídense en dous grandes grupos segundo a súa estrutura: as células procariotas e as células eucariotas ou tamén chamadas ‘ procariontes’ ou ‘ eucariontes’.

As células eucariotas son aquelas en cuxo citoplasma pode acharse un núcleo celular que contén o material xenético (ADN). Este tipo de células pódense atopar en organismos como animais, fungos, vexetais ou plantas e amebas. Dentro das células eucariotas hai dous variantes: a célula eucariota animal e a vexetal.

As células procariotas non teñen un núcleo celular diferenciado, é dicir, o seu ADN non está confinado no interior dun núcleo, senón libremente no citoplasma. Os organismos nos que se oden encontrar este tipo de células son nas bacterias.

Adrián Tío e Alejandro García, 3º ESO B
Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.