Célula

A célula é unha unidade mínima dun organismo capaz de actuar de maneira autónoma. Todos os organismos vivos están formados por células, e en xeral acéptase que ningún organismo é un ser vivo se non consta polo menos dunha célula. Algúns organismos microscópicos, como bacterias e protozoos, son células únicas, mentres que os animais e plantas están formados por moitos millóns de células organizadas en tecidos e órganos.

E hai dous tipos de células:

  •  Células procariotas: É a célula máis sinxela e primitiva. Este tipo de células non ten un núcleo claramente diferenciado. O súa principal característica é que o material xenético está libre no citoplasma. Teñen poucos orgánulos celulares e non forman tecidos nin órganos.Case sen excepción os organismos baseados en células procariotas son unicelulares.
  • Células eucariotas: A célula eucariota é a célula máis evolucionada. Son máis complexas que as células procariotas. Caracterízanse por ter un núcleo ben diferenciado por unha membrana nuclear e un citoplasma con numerosos orgánulos celulares.

Resultado de imagen de tipos de celulas

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.