Un composto que poido ser crucial para as primeiras formas de vida

Uns investigadores na Universidade de Leeds encontraron novas pistas sobre as orixes da vida na Terra. O equipo descubriu que un composto coñecido como pirofosfito poido ser unha fonte importante de enerxía para as formas de vida primitivas.
Os científicos non están de acordo sobre que xurdiu primeiro, se a replicación ou o metabolismo. Pero hai un terceiro elemento nese dilema, e é a enerxía.
Todas as cousas vivas necesitan dunha subministración continua de enerxía para funcionar. Esta enerxía é transportada polo noso corpo dentro de certas moléculas, sendo unha das máis coñecidas o ATP, un composto que converte a calor do Sol nunha forma de enerxía utilizable por animais e vexetais.
Esta reserva de ATP é constantemente usada e renovada nas células a través dun proceso coñecido como respiración, o cal é dirixido por certos catalizadores naturais (encimas). De onde proveu a enerxía antes de que estas dúas cousas existisen? A resposta pode estar en moléculas simples como o pirofosfito, o cal é quimicamente moi similar ao ATP, pero conta co potencial de poder transferir enerxía sen necesidade de encimas.

fonte:  http://www.amazings.com/ciencia/noticias/300610, noticias

Esta entrada foi publicada en 3º Bio, XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.