O que aprendín 4º ESO

Nunca imaxinei que facendo tantos traballos como o do crecemento das landras , as maquetas das células e as presentacións na aula e vendo vídeos se puidese aprender tanto. Os temas do primer trimestre gustáronme moito xa que o coñecemento das células é fundamental para a bioloxía. A xenética custoume un pouco máis porque foi un tema novo, pero facendo exercicios na aula todos os días enténdese fácil. A última avaliación foi a que máis me gustou xa que o da evolución dos seres vivos é espectacular. As visitas a Facultade de Bioloxía de Universidade de Vigo encantáronme porque de maior, probablemente estude alí.

As charlas que nos deron sobre compostaxe no Instituto ensinaron tamén ao alumnado de terceiro e as miñas charlas favoritas foron as do alumnado de primeiro de Bacharelato sobre a saúde, que non soamente nos ensina moito, senón que tamén é divertido.  O twitter non me gustou moito porque, aínda que é unha maneira de aprender, pareceume un pouco aburrido. Hai que adimitir que nunha pregunta do exame acordeime da resposta grazas aos chíos de Twitter, así que valeu a pena. Recomendo aos demáis cursos facer traballos de bioloxía xa que aprendes moito sen necesidade de estudar.

Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.