Que aprendín este curso?

Neste curso aprendín unha gran variedade de cousas, empezando por estudar a célula e os seus tipos con máis profundidade ca nos outros anos. Fixen unha maqueta dunha célula eucariota animal e iso axudóume a aprender case tanto coma cando estudaba, tivemos moitas charlas: de compostaxe, de saúde, de enfermedades raras. Tamén estivemos plantando durante todo o curso sementes de carballos e castiñeiros que despois serían trasladadas a Vigo , fixemos un traballo final onde  explicamos todo o proceso. No segundo trimestre tivemos unha saida a facultade de bioloxía de Vigo onde impartironos unhas charlas sobre un montón de temas distintos.  A conclusión deste curso de bioloxía é que podemos aprender moito coa practica, con traballos e incluso usando as redes sociais, coma twitter

Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O, XERAL. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta