Este curso 2017-2018 aprendín varias cousas:
Principalmente os temas relacionados coa sexualidade debido ás charlas que tivemos os luns con Ro.
Aprendín temas relacionados coa xeoloxía: Sismos, volcáns, movementos entre placas…
Moitas cousas sobre o corpo humano, os aparatos, órganos que os forman, tecidos…
A utilizar diferentes ferramentas (coma este blog) no ordenador.
Os diferentes tipos de dietas e como ter unha dieta equilibrada para poder vivir de forma saudable.
Pero sobre todo aprendín que se de maior quero ter unha columna vertebral recta debo sentarme correctamente, e que respirar pode ser unha actividade moi relaxante que activa a nosa mente.