Funcións de cada tipo de restos no compost.

Para obter un bo compost necesítanse restos orgánicos o máis variados posible. O que se pretende conseguir coa mestura é que se complementen entre si en canto ás achegas que fan cada un deles en nutrientes, humidade, capacidade de esponxamento, volume final, etc. Capturacompost

O compost contén unha gran cantidade de elementos químicos na súa composición, pero dous deles destacan como nutrientes e pola súa influencia sobre as plantas e outros organismos. Trátase do carbono e o nitróxeno. O máis importante é a proporción entre ambos, é dicir, a cantidade de átomos de carbono que hai, por cada átomo de nitróxeno. Esta proporción afai expresarse como C: N. En xeral, os residuos orgánicos teñen moita cantidade de carbono en relación ao nitróxeno ( C: N de 40 a 60, é dicir, 40 ou 60 átomos de carbono por 1 átomo de nitróxeno), pero a medida que se van descompoñendo, vaise perdendo carbono, mentres que, se as condicións son as adecuadas, case non se perde nitróxeno.

A razón desta perda de carbono témola na respiración. A respiración é unha combustión, vén ser como “queimar” restos orgánicos para obter enerxía.

En toda combustión de restos orgánicos despréndese dióxido de carbono (CO2) e auga   (H2O). Como o dióxido de carbono é un gas, escápase á atmosfera. O compost resultante tería que ter unha C: N de 20 a 30. Para conseguir este obxectivo hai que mesturar os restos de forma que permitan que haxa unha correcta C: N de partida e que se dean unhas boas condicións de descomposición en canto a osixenación, humidade, etc. para que non se perda nitróxeno.

 Comenta e amplía unha idea do texto.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 3º Bio, 4ºE.S.O e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Funcións de cada tipo de restos no compost.

  1. ana4bio di:

    O compost é un produto obtido a partir de diferentes materiais de orixe orgánica, os cales son sometidos a un proceso biolóxico controlado de fermentación denominado compostaxe. Posúe un aspecto terroso, libre de cheiros e de patóxenos, é empregado como abono de fondo e como sustituto parcial ou total de fertilizantes químicos.
    O termo deriva do latín compositus o cal significa “poñer xunto”.
    A composta úsase en agricultura e xardinaría como emenda para o chan, aínda que tamén se usa en paisajismo, control da erosión, recubrimentos e recuperación de chans.

  2. berch4bio di:

    É unha técnica que dea natureza para transformar de forma máis acelerada todo tipo de restos orgánicos.

    Esta técnica que se realiza en condicións de fermentación aerobia (con aire), con suficiente humidade e que asegura unha transformación hixiénica dos restos orgánicos nun alimento. Neste proceso interveñen as Bacterias, Actomicetos, e Fungos que son os responsables do 95% da actividade da compostaxe

Deixa unha resposta