Humus

O humus é a materia orgánica, conxunto de substancias composta por certos produtos orgánicos de natureza coloidal, que provén da descomposición dos animais e vexetais mortos.

O proceso de formación do humus, denominado humificación, pode ser natural, cando se debe á acción de organismos e microorganismos benéficos, como fungos e bacterias, os principais organisos descompoñedores, o artificail, cando o home induce a súa a produción adicionando produtos químicos e auga a u solo pouco produtivo. Varios axentes externos, como a humidade e a temperatura, contribúen tamén na humificación.

Busca no vídeo e comenta  diferencias entre humus e compost.


Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 3º Bio, 4ºE.S.O, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Humus

  1. ana4bio di:

    A diferencia entre o compost e o humus é que o compost hai que deixalo uns meses para que a comida se descompoña, hai que removelo cada pouco tempo e botarlle auga para que non se seque, o humus tarda moito máis que o compost xa que o compost vai primeiro, e non hai que facerlle nada xa que as lombrices o fan,(como remover o compost e humedecelo).

  2. berch4bio di:

    Diferenzas entre o compòst e o homus

    Compost = Materia Orgánica descomposta ou mineralizada con gran carga de microorganismos descomponedores,pero baixa en microorganismos humificadores.

    Vermicompost (mal chamado “humus”)= Materia Orgánica ou mineralizada dobremente descomposta por descomposición de microorganismos e dixestión de lombrigas con gran carga de microorganismos humificadores.

    Ningún pódese chamar Humus… en todo caso serían Emenda Orgánica Compost e Emenda Orgánica Vermicompot…e segundo o % de Sustancias Húmicas que conteñan poderá engadirse o de parcialmente humificadas.

    O Humus ou Sustancias Húmicas é moitísimo máis degradado ou descomposto pois é a última fracción na que se pode descompor a materia orgánica.

    O verdadeiro “humus” ou Extracto de sustancias húmicas leva un tempo de elaboración natural leva como tres meses en elaborarse

Deixa unha resposta