Twitter 1 marzo

O obxectivo final , desta tarefa, é que empecemos a usar Twitter para recomendar enlaces dos temas falados na aula, de TICS, comentar, conversar e facer relacións, é dicir, para empezar a crear a nosa PLN. A tarefa estará superada se se observa certa actividade  na túa conta de Twitter. A principio de marzo, deberías:

    • a) Ter publicados, polo menos, 10 chíos propios relacionados cos temas falados na aula neste trimestre e 10 rechouchíos dos xa integrados-publicados en Twitter pero cun comentario personal (20 puntos)
    • b) Ter mencionado entre os chíos propios a 5 usuarios/as novos (dá igual se son respostas, RT ou mencións sen máis).(10 puntos)
    • c) Incluír nos chíos propios do trimestre, polo menos en 5 deles, unha ligazón e un texto relacionado (o título, un comentario etc.). (10 puntos).
    • d) Incluír polo menos no trimestre 1 chío propio, unha pregunta para que resposten os compañeiros/as. (20 puntos)
    • e) Incluír nos chíos propios do trimestre, polo menos en 5 deles, calquera outra etiqueta. (10 puntos)
    • f) Seguir a un mínimo de 4 compañeiros/as novos do curso(10 puntos).
    • g) Seguir polo menos a un total de 22 contactos adicionais de interese. Crea 2 listas con estes contactos. (10 puntos).
    • h) Rechouchío dun artigo do blog da biblioteca do IES: (10 puntos).

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta