Todos os anos quéimanse os bosques, a maioria das veces os incendios forestais son intencionados, o cal é moi triste e vergoñoso xa que isto ten unha gran cantidade de consecuencias negativas para a vexetación os animais e a pobación que vive cerca da zona queimada. O chan adoita quedar estéril, os animais perden o seu habitat (ainda que moitos deles morren), teñen escasez de alimentos e a auga e o aire quedan contaminados, aumenta a cantidade de dióxido de carbono na atmosfera ( polo que aumenta o efecto invernadoiro e o cambio climático) e as cinzas alteran o ecosistema impedindo o desarrollo de plantas acuáticas.
As plantas pirófitas son resistentes ao lume debido a cantidade de auga que conteñen por exemplo a Aloe Vera e algunhas árbores que teñen cortezas moi grosas e porosas capaces de aislar a árbore.
Qué sentiches ao ver o video? Sabes qué facer en caso de ter un incendio cerca?