Valoración Twitter decembro

O obxectivo final , desta tarefa, é que empecemos a usar Twitter para recomendar enlaces dos temas falados na aula, de TICS, comentar, conversar e facer relacións, é dicir, para empezar a crear a nosa PLN. A tarefa estará superada se se observa certa actividade mínima na túa conta de Twitter. A principio de decembro, deberías:

    • a) Ter publicados, polo menos, 20 chíos propios relacionados cos temas falados na aula  e 10 rechouchío con comentario personal dos xa integrados-publicados en Twitter.
    • b) Ter mencionado entre os chíos propios a 4 usuarios/as distintos (dá igual se son respostas, RT ou mencións sen máis).
    • c) Incluír nos chíos propios, polo menos en 10 deles, unha ligazón e un texto relacionado (o título, un comentario etc.).
    • d) Incluír polo menos nun chío propio, unha pregunta para que resposten os compañeiros/as.
    • e) Incluír nos chíos propios, polo menos en 5 deles, calquera outra etiqueta.
    • f) Seguir a un mínimo de 4 compañeiros/as do curso
    • g) Seguir polo menos a 20 contactos adicionais de interese. Crea unha lista con estes contactos.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta