Twitter4

  • Sígueme  (con-ciencia@nac812 ) e envía un chío (tuit) que me cite  e que conteña os cancelos (as etiquetas#) lista que te corresponda según pertenzas a un ou outro (s)grupo(s):
  • #Bio4ESO

O resto do corpo da mensaxe é libre. O obxectivo deste chío é solicitar a inclusión na lista Twitter que imos crear con toda a xente desta materia, que se atopa na ligazónhttps://twitter.com/nac812/lists

  • A idea de crear esta lista é dobre. Por un lado, quero que vos subscribades a ela, xa que é unha forma de tela á man e tamén nalgún momento determinado ver só a actividade en Twitter da xente do curso. E por outro lado, unha vez estea máis ou menos completa, quero que a usedes para buscar xente interesante á que seguir, de xeito que vos vaiades relacionando aqueles que tedes intereses en común (gustos pola ciencias,  tecnoloxías, materias similares, creación de materiais dixitais etc.).
  •  Por iso é altamente recomendable non descuidar a información do perfil. O seu obxectivo é informar sobre a materia e intereses en Twitter. 
  • Sigue polo menos a 4 dos/as teus compañeiros/as de lista.
  • Empeza a chiar (tuitear), a conversar, a seguir a xente interesante relacionada coas ciencias, a Bioloxía a Xeoloxía, as TICS, a recomendar recursos informáticos, a rechouchiar (retuitear), a marcar favoritos etc. Cando recomendes unha ligazón ou digas algo que poida ser relevante para a xente da aula, engade o cancelo (a etiqueta ou hashtag) que te corresponda #Bio4ESO ,#Culci1bac ,    # bioloxia1bac ,  #  bioloxia2bac , # Xeoloxia2bac

  • Tamén emprega algunha etiqueta como a disciplina (exemplo, #Bioloxía # Xeoloxía) ou o tema (#informática, #TIC, #bacharelato, #ESO, #reválida, etc.). Hai xente que usa etiquetas predefinidas para clasificar os seus tuits e logo ter un fácil acceso por categorías.
  • O obxectivo final , desta tarefa, é que empecemos a usar Twitter para recomendar enlaces de Ciencias, TICS, comentar, conversar e facer relacións, é dicir, para empezar a crear a nosa PLN. ……busca  no artigo valoración, as pautas valoración.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O, Cultura científica e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.