Mesturas Homoxéneas e Heteroténeas

Resultado de imagen de mezclas homogeneas y heterogeneas

Mesturas homoxéneas

Son aquelas mesturas en que os seus compoñentes non se poden diferenciar a primeira ollada. As mesturas homoxéneas de líquidos coñécense co nome de disolucións e están constituídas por un soluto e un disolvente, sendo o segundo o que se atopa en maior proporción e ademais adoita ser o líquido. Por exemplo, a auga mesturada con sales minerais ou con azucre, a auga é o disolvente e o sal o soluto.

Mesturas heteroxéneas

Unha mestura heteroxénea é aquela que posúe unha composición non uniforme na cal se poden distinguir a primeira ollada os seus compoñentes e está formada por dous ou máis sustancias, fisicamente distintas, distribuídas en forma desigual. As partes dunha mestura heteroxénea poden separarse facilmente.

Mesturas grosas: o tamaño das partículas é apreciable, por exemplo: as ensaladas, concreto, etc.
Suspensións: as partículas deposítanse co tempo, polo xeral ten a lenda “axítese ben antes de utilizar”, por exemplo: medicamentos, aceite con auga, auga con talco etc.

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta