A Materia

Chamámoslle materia a todo aquelo que ocupa lugar no espazo e posee masa cuantificable.

 

A materia está composta composta por compoñentes :  Por exemplo  a auga , que está formada por dous compoñentes simples(Hidróxeno e oxíxeno).

Esta , tamén posee propiedades e corresponde ás cualidades e atributos que podemos utilizar para distinguir unha mostra de materia da outra. As propiedades da materia  agrupanse xeralmente en dúas categorías: Propiedades Físicas e Propiedades Químicas.

Unha Propiedade Física é unha propiedade que unha mostra de materia ten mentres non cambie a  sua composición. En cambio unha Propiedade Química, é a capacidade de unha mostra de materia para experimentar un cambio na súa composición baixo certas condicións. Por Exemplo : Cando o auga líquida conxélase formándose auga solida (xeo), sen dúbida o auga parece diferente e , en moitos sentidos, o é. Sen embargo permanece inalterada a composición en masa de auga.

Algunhas veces unha mostra de materia cambia o seu aspecto físico, é dicir, experimenta unha transformación física. Nunha transformación física poden cambiar algunhas das propiedades físicas da mostra de materia pero  a súa composición permanece inalterada.

Nunha transformación química, unha ou máis mostras de materia convírtense en novas mostras con composicións diferentes.Por exemplo: Cando se queima un papel ten lugar unha transformación química. Os compoñentes principais do papel son carbono, hidróxeno e oxíxeno. Os productos principais da combustión son dous gases, un deles formado por carbono e oxíxeno (dióxido de carbono) e o outro por hidróxeno e oxíxeno (auga en forma de vapor).

A materia está formada por átomos. Un elemento químico é unha sustancia formada por un só tipo de átomos. Os compostos químicos son sustancias nas que se combinan entre si átomos de diferentes elementos químicos.

Por exemplo: Unha molécula de auga está formada por tres átomos: dous átomos de hidróxeno unidos a un só átomo de oxíxeno.

Resultado de imagen de a materia

 

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.