Própole

Própole

 O própole  é unha substancia que obteñen as abellas das xemas das árbores e que despois procesan na colmea converténdoa nun potente antibíotico co que cobren as paredes da colmea, co fin de combater as bacterias e fungos que poidan afectala

Ademais desta substancia, contén resinas e bálsamos (un 50%), cera de abella (un 30%), aceites esenciais (un 10%), pole e diversos materiais minerais. Tamén contén provitamina A e vitaminas do grupo B, especialmente B

Entre as propiedades medicinais que se lle recoñecen a este produto están:Antibióticas. cicatrizantes, fúnxicas, anti-inflamatorias, analxésicas, anti-alérxicas, anestésico

Historicamente utilizouse para tratar catarros das vías respiratorias altas, gripe, otite, larinxite etc. Tamén se usou en dermatoloxía para o tratamento de abcesos,gretas, verrugas, entre outros danos da pel.

Coñécese que os exipcios utilizaban o propóleo como parte dos ingredientes para conservar as vísceras dos faraóns.

A cantidade media que poden producir por colmea durante un ano depende da raza de abella, e acostuma estar entre os 150 g e 300 g.

 

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta