A CÉLULA

A célula é a principal unidade de menor tamaño de todo ser vivo. Naceu co invento do microscopio e o primeiro en nomeala foi Robert Hooke (creador do microscopio) que foi quen nomeou a célula por as pequenas celiñas que vía ao observar un anaco de cortiza.

A teoría celular está definida por tres características básicas: Unidade estructural, Unidade funcional e Unidade reproductiva.

Clasifícanse en dous tipos: 1. CÉLULA PROCARIOTA: os primeiros seres vivos en aparecer no planeta, sinxelas, sen núcleo propio e pertecen ao grupo Monera. Constituída por Membrana celular e Citoplasma.

2. CÉLULA EUCARIOTA: xurdiron a partir das células procariotas, moito máis complexas e se diferencia o núcleo do resto dos seus compoñentes celulares. En todas as células eucariotas teñen: Membrana, Citoplasma e Núcleo.

Células animais e vexetais: Animais: están formadas por Mitocondrias, Vacúolos, Lisosomas, Citoesqueleto, Centríolo, Aparello de Golgi, Ribosomas e Retículo Endoplasmático.

Mentres que as células Vexetais non posúen centríolos pero teñen cloroplastos e parede celular, isto é o único que as distingue das animais, as demáis partes son todas comúns entre ambas.

Resultado de imaxes para celulas procariotas e eucariotas

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta