A célula

A célula (do latín cellula, que significa ‘cuarto pequeno, cela’) é a unidade estrutural e funcional mínima con vida, a cal é capaz de realizar tódalas funcións características ou vitais de calquera organismo vivo: a nutricion, a relacion co medio que a rodea e a reproducion. Todos os seres vivos existentes posúen, cando menos, unha célula.

Estes seres formados por unha soa célula son os chamados organismos unicelulares, mentres que se están constituídos por un conxunto de varias (ata miles de millóns) reciben o nome de organismos pluricelulares. A maioría das células non son invisibles para o ollo humano, polo que fan falla microoscopios para poder observalas.

Malia isto, non todas as células teñen o mesmo tamaño, deste xeito podémonos atopar con células moito máis grandes ou pequenas ca outras. Entre as células máis grandes coñecidas atópanse os ovos non fertilizados da avestruz e as células nerviosas que as xirafas teñen ao longo do seu pescozo, as cales poden chegar a acadar máis de 3 metros de lonxitude.

Resultado de imagen de a celula y sus partes

 

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta